Información legal

O sitio web https://www.tropaverde.org (Tropaverde ou sitio -web- en adiante) é desenvolvida e pertence a Teimas Desenvolvemento SL (TEIMAS ou responsable en adiante), con CIF B70179973 e domicilio social na Praza Pascual Veiga 7 Entresolo A 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), España. Podes contactar con nós no teléfono 981 523 226 ou no correo electrónico info@tropaverde.org.

As normas de uso do sitio son moi sinxelas e baseánse no sentido común. Coa túa utilización co navegador web, estás a aceptar estas normas e as condicións de uso:

  1. Non podes reproducir, duplicar, copiar, vender, revender nin explotar o sitio ou calquera parte do sitio Tropaverde sen permiso expreso noso.
  2. Debes usar Tropaverde de conformidade coa Lei, as boas costumes e a orde pública e non podes usar o sitio para facer dano a terceiros, ao propio sitio ou impedir un uso normal por parte doutros usuarios.
  3. Se es membro da Tropaverde non podes usar os cupóns de recompensas máis de unha vez. Lémbrate de dar o teu cupón ao colaborador unha vez o consumas, os cupóns non son acumulables e non podes repetir recompensa.
  4. Se és COLABORADOR da Tropaverde comprometeste a dar a RECOMPENSA que deseñaches cos responsables do sitio. Ademáis, o cupón ten un único uso, polo que tes que solicitarllo ao usuario unha vez consumido. O responsable poderá contactar contigo periódicamente para solicitarte os cupóns consumidos.
  5. Se és EMISOR DE ESTRELAS da Tropaverde, debes comprometerte a dar o/s CHEQUE/S de punto/s cando fagan as accións convenidas cos responsables de Tropaverde. O responsable darache un número de cheques estipulado para que os poidas repartir.

LOPD e uso de cookies

En cumprimento da Ley Orgánica 3/2018, de 5 de diciembre, de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales, TEIMAS comprométese a respectar a intimidade dos teus datos, que serán recollidos nun arquivo, do que somos responsables. Como usuario do sitio, nos das o teu consentimento para a recollida e tratamento dos teus datos. Se es usuario, emisor de puntos ou colaborador da Tropaverde das permiso para que che enviemos correos electrónicos. En calquera momento podes cancelar, rectificar ou cancela-los teus datos contactando con nós en info@teimas.com e identificándote como usuario.

Usamos cookies para que navegues de xeito máis cómodo por Tropaverde. Co uso de Tropaverde aceptas o uso de cookies. Se queres, podes modificar a configuración do teu navegador para ser avisado e impedir a instalación de cookies.

Do mesmo xeito, o servidor web poderá rexistrar a túa IP e o teu dominio no arquivo de actividade (log) coa fin de obter medicións estatísticas (visitas, accións etc.) e garantir o correcto uso do sistema.

Propiedade intelectual

O contido do sitio Tropaverde é unha obra orixinal e protexida polo Dereito da Propiedade Intelectual, todos os dereito reservados para TEIMAS. As reclamacións, se as houber, deberán dirixirse a info@teimas.com.

TEIMAS pode facer cambios nos términos e condicións de uso actuáis. Ademáis, TEIMAS non ten responsabilidade derivada da información publicada no sitio, sempre que esta información fora modificada ou introducida por un terceiro alleo á empresa. En calquera momento e se necesidade de preaviso ao usuario, TEIMAS poderá levar a cabo unha suspensión de servizos do sitio web.

Finalmente, o non cumprimento destas condicións de uso provocará a baixa do sitio do usuario, o emisor das estrelas ou o colaborador e as súas recompensas.