Quen somos?

Tropaverde é un proxecto de TEIMAS DESENVOLVEMENTO S.L., unha iniciativa de emprendemento no sector TIC especializada no desenvolvemento de solucións software ligadas á sustentabilidade ambiental e a xestión de residuos. Algúns dos nosos proxectos son Teixo, unha plataforma software empresarial para produtores, xestores e transportistas de residuos, e o portal de información Gestoresderesiduos.org, dirixido a personas interesadas no mundo da reciclaxe.

Lanzar o proxecto Tropaverde fainos moita ilusión porque entendemos que os cidadáns somos parte fundamental da cadea de reciclado. Por iso queremos recompensar á cidadanía responsable mediante a colaboración do goberno, os comerciantes e a hostalería local.

Unirte á Tropaverde é formar parte dun movemento que fomenta a sustentabilidade ambiental cara un futuro mellor para ti e os teus fillos. Formar parte da Tropaverde é ben sinxelo: só tes que te rexistrar co teu correo electrónico ou a túa conta de facebook nesta ligazón: Rexistrarse.