Comer si, tirar non
Campaña promovida por Sogama e orientada a reducir o desperdicio alimentario no fogar
Un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano, é dicir, 1.300 millóns de toneladas anuais, acaban desperdiciadas, unha cantidade que sería suficiente para alimentar a 2.000 millóns de persoas.
No ámbito comunitario, e segundo estimacións da Comisión Europea, pérdense ou desperdícianse ao ano 89 millóns de toneladas de alimentos, o que se traduce en 179 quilos por habitante, un fenómeno que provoca a emisión 170 millóns de toneladas de CO2 e require o uso de 26 millóns de toneladas de recursos.
Se o desperdicio alimentario fose un país, sería o terceiro maior emisor de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro), tras EEUU e China.
Ao longo da cadea agroalimentaria pérdese entre un 30% e un 50% de alimentos sans e comestibles que poderían ser aproveitados.
O fogar contribúe ao desperdicio alimentario cun 42%, correspondéndose o resto ás etapas de fabricación (39%) , distribución (5%) e restauración (14%)
Nos fogares españois, o 80% dos comestibles refugados tíranse ao lixo tal e como se compraron e o 20% tralo seu procesado, é dicir, son sobras. O 48,1% dos comestibles que se tiran son froitas, verduras e pan fresco.
O Parlamento Europeo propuxo reducir nun 30% o desperdicio de alimentos para 2025 e nun 50% para 2030.
Súmate a este reto!!
O fogar contribúe ao desperdicio alimentario cun 42% España é o sétimo país da UE que máis comida desperdicia, con 7,7 millóns de toneladas.
QUE FACER
1. Crea un menú semanal e, en función do mesmo, elabora unha lista da compra na que se inclúa unicamente o necesario.
2. Comproba o estado da despensa e a neveira, reordena os produtos para consumir antes aqueles con maior risco de acabar perdéndose e ten presente que os alimentos “feos” teñen as mesmas propiedades nutritivas que os “guapos”.
3. Diferenza entre data de caducidade (momento a partir do cal o alimento pode presentar problemas de seguridade alimentaria e risco para a saúde) e data de consumo preferente (momento a partir do cal o alimento pode sufrir perdas de cualidades tales como textura e sabor, pero sen supoñer ameaza para a saúde).
4. Dá preferencia aos produtos frescos, locais e de tempada. Contribuirás a xerar emprego local e a diminuír as emisións de CO2 derivadas do transporte.
5. Axusta as racións ao número de comensais e, se sobra comida que non vas poder consumir, reparte o stock entre os invitados.
6. Pide as sobras nos restaurantes. Non debes avergoñarte por isto. Trátase de racións que pagas e que che corresponden.
7. Conxela os alimentos antes de que se estraguen e aproveita os sobrantes para elaborar novas receitas gastronómicas.
8. Sé solidario: doa comida en bo estado a bancos de alimentos e organizacións sociais para axudar aos máis necesitados.
9. Se dispós de horta ou xardín, os restos orgánicos non comestibles poden converterse nun abono natural con extraordinarias propiedades para o solo.
10. Recorda: a comida é un ben valioso que non está ao alcance de todo o mundo. Respéctaa, consérvaa e compártea, pero xamais a tires.
Vía: SOGAMA
Voltar o listado