Novas melloras chegan a web da Tropa Verde!

Seguimos traballando e introducindo melloras na web para que sexa mais sinxela e informativa para todos os seus usuarios.

2e1b103e6dbbed0b2bb2a8419b0edbc21b4d722b

Aquí nomeamos as melloras máis importantes:

  • Cada novo membro da Tropa Verde recibirá un mail de benvida con  enlaces directos a recompensas e patrocinadores co que pretendemos facilitar e agradecer o uso da web e do sistema de reciclado e  troco de recompensas.

  • Correos de novas recompensas tanto dos patrocinadores que nos acompañan fai moito tempo como de aquéles  que se suman a colaborar connosco.

  • Boletín semanal de NOTICIAS da Tropa Verde. Noticias de interese para a cidadanía que pretenden ser de axuda na labor da reciclaxe, informar de concursos e actividades relacionadas co medio ambiente.

  • Novo deseño dos CUPÓNS dos premio: máis información, estética máis atractiva, explicación coas instrucións para trocalo, caducidade, dirección, horario, contacto do patrocinador e normas do cupón.

  • Para ser máis ecolóxicos cos cupóns e diminuír o gasto de papel o cupón será enviado ao mail do ususario nun pdf coa posibilidade de ensinalo en formato dixital

  • Listaxes de RECOMPENSAS máis sinxelas e acceso a máis información tanto de patrocinadores coma das propias recompensas: fotografías, número de estrelas, pequena descrición das recompensas. Para máis información facer clic: horario, enderezo, onde trocalo, acceso as redes sociais, xeolocalización, información do patrocinador, etc.

  • Inclúese unha opción para poder marcar/desmarcar como favoritas determinadas recompensas e sempre ter de primeiro as favoritas e que non saían as recompensas xa trocadas.

  • Introdución dun buscador que mellora a forma na que se chega ás recompensas.

  • As accións realizadas aparecerán a dereita no panel: Estrelas trocadas e onde.

  • Na PORTADA aparecen novas opcións de interese:

    • Inclúese unha táboa cun ranking das 3 zonas de Santiago de Compostela que máis cheques introduciron na web.

    • As últimas noticias da Tropa Verde.

    • Información das campañas de concienciación ambiental “Reciclar na escola ten premio”.

    • Información acerca de que é a Tropa Verde e como funciona.

  • Limite de cupóns por persoa e semana para un mesmo patrocinador.

  • No apartado de “GAÑA ESTRELAS” aparece un novo cadro informativo das cantidades mínimas a reciclar para acadar un cheque:


  • Por cada entrega de residuos entregarase UN SÓ CHEQUE independentemente do número de residuos e do tipo, sempre respectando as cantidades mínimas especificadas na táboa:

Tipo de residuo

Cantidade mínima para dereito a cheque*

Aceite usado

1 litro

Pilas

10 unidades

Tapóns

1 bolsa de conxelados chea

Papel-cartón

1 bolsa grande das de papel

Tóners

3 unidades

Roupa

6 prendas de roupa grandes ou 12 prendas de roupa pequenas

Puntos Limpos

0,5 kg de residuos


*Se entregan varios residuos e só un deles cumpre o mínimo teñen dereito a cheque igualmente.


Con todas estas novidades o que queremos é facer máis rápida e sinxela a participación en Tropa Verde e que comecedes canto antes a sumar estrelas para trocar os premios e mellorar  a calidade ambiental na nosa cidade!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando