Participación na Semana Europea da Prevención de Residuos
Coa campaña "Búscase xente reciclando"
![89dac0562a8d73e29939ae98cf80e7fa1866e4e5](/system/news/photos/000/000/153/medium/89dac0562a8d73e29939ae98cf80e7fa1866e4e5.jpg?1561976839)
Para participar no presente concurso os participantes compartiron fotografías nas redes sociais e etiquetaron a Tropa Verde co hashtag #tropaverderecicla. Búscabanse fotografías de boas accións ambientais como por exemplo:
- Entrega de residuos nos colectores adecuados, puntos limpos, minipuntos limpos ou colectores de aceite.
- Actividades de reciclaxe ou reutilización nos fogares.
- Fotografías de participación nalgunha campaña da Tropa Verde ou desfrutando dalgunha das nosas recompensas.
Entre todos os participantes da campaña realizouse un sorteo dunha cámara acuatica deportiva VicTsing Eypro1.
O obxectivo non foi outro que dar un paso máis sobre a necesaria tarefa de concienciacióncidadá e promover o interese dos cidadáns na iniciativa Tropa Verde, que ten comoobxectivo mellorar os índices de reciclaxe, rebaixando os custos de xestión de residuos.Se incentiva o cidadán a reciclar mediante recompensas directas por cada boa acciónambiental a través da súa páxina web.