Redondela celebra o Día Mundial do Medio Ambiente

Cartel coas actividades programadas para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente

7f6e4f28e7b3d59b18c81cb8fbc44a60de97016a
Co motivo da próxima celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o luns 5 de xuño, o Concello de Redondela a través da Concellería de Medio Ambiente ten o pracer de convidarvos a participar nas actividades programadas para conmemorar tan importante día.
 
Aquí podedes ver o cartel informativo das actividades, tanto lúdicas como promotoras da concienciación da importancia do coidado que precisa o noso Medio Ambiente e a presentación oficial da Tropa Verde Redondela!!

09:30 -> OBRADOIRO DE RECICLAXE E COMPOSTAXE. Praza do Concello. 
Imparte o Técnico de Medio MAbiente do Concello e Urbaser. Agasallo de plantas aromáticas e outros detalles.

12:30 -> PRESENTACIÓN DE TROPA VERDE. Praza do Concello

18:00 -> CONCERTO DA BIG BAND. Praza do Concello

19:00  -> MANNEQUIN CHALLENGE. Alameda de Redondela.
Todos os participantes terán estrelas-puntos para trocar.
Agasallo de plantas aromáticas

20:30  -> CHARLA "ECOLOXÍA: POR QUÉ?". Casa da cultura.
Reparto de plantas aos asistentes
 
Agardamos a vosa participación e vémonos o 5 de xuño!
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando