Reparto de bolsas para promocionar a iniciativa Tropa Verde

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela xunto con Tropa Verde pretende concienciar aos veciños de Redondela da importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos

A3770cb547b4588f912260994138c4fb9e20858d

O martes 6 de Febreiro entre as 10:00 e as 14:00 h Tropa Verde xunto a concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela estiveron na Praza do Concello de Redondela repartind bolsas para a compra con deseño especial da Tropa Verde, chapas, agasallo de estrelas e información das vantaxes que ten formar parte da Tropa Verde.

Deste xeito o Concello de Redondela quere concienciar sobre proxecto de Real Decreto sobre redución do consumo de bolsas de plástico, onde as tendas están obrigadas a cobrar entre cinco e trinta céntimos por cada bolsa que entregue un comercio.

Todos os que se achegaron reciben de maneira inmediata premios e collendo un papel da urna souberon se forongañadores dun estupendo paraugas  ou se teñen que SEGUIR RECICLANDO.

O obxectivo da Tropa Verde con esta iniciativa é concienciar aos veciños de Redondela da importancia da reciclaxe e a correcta xestión dos residuos, ao mesmo tempo que potencia o comercio local.

Tropa Verde

Participar na Tropa Verde é sinxelo. Os participantes teñen que inscribirse a través da web tropaverde.org. Cando leven os seus residuos, obterán un cheque cun código que deberán introducir na mesma web. Entón, recibirán uns puntos, chamados "estrelas", que se poderán Trocar por produtos e descontos no comercio e na hostalería local.

A Tropa Verde está a ter unha excelente acollida entre os comerciantes, xa se conta cunha rede de máis de 55 establecementos colaboradores e 710 recompensas e descontos por un valor de case 2.500 euros que se seguen incrementando.

As recompensas que reciben os bos recicladores inclúense en oito categorías distintas: Hostalería, Comercio, Cultura, Concello, Deporte, Saúde, Infantil e Estética. Entre elas pódense atopar desde revelados dixitais, anacos de tarta caseira, set de costura para viaxe, bolsas de gominolas, plantas... moitísimos descontos!

Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando