Tropaconsellos para coidar da nosa contorna en verán

Para facer as nosas vacacións máis sustentables e respectuosas

D20db67676a6f0d504606807cf513ad99d895652
As vacacións xa están moi preto e son momentos de desconexión, descanso e diversión. E isto significa cambiar de hábitos por uns días, pero non debemos descoidar no verán os bos hábitos adquiridos durante o ano.

Para facer as nosas vacacións máis sustentables e respectuosas, dende Tropa Verde queremos animarvos a coidar do noso planeta mediante uns  tropaconsellos para coidar da nosa contorna en verán. Porque recordemos que o medio ambiente non se vai de vacacións.

Na praia 

Os municipios costeiros dobran e mesmo triplican a súa poboación. É moi importante que todos colaboremos para manter as contornas limpas e libres de residuos.  Se vas á praia, lembra non deixar tirado o lixo na area, os residuos poderían acabar no mar prexudicando a todo tipo de vida mariña. Recolle todos os teus refugallos e depositaos no contedor cando volvas a casa.

Na montaña

España é o país da Unión Europea que máis se ve afectado polos incendios forestais, e a maior parte deles son ocasionados polo ser humano. Evita fumar e non arroxes cabichas, mistos, vidro ou calquera outro material combustible susceptible de prender. Poden dar lugar a un incendio incontrolado e prexudicar gravemente a biodiversidade. 

Fóra da nosa cidade  (viaxes, festivais...)

Como cidadáns temos unha importante responsabilidade e o noso compromiso co medio ambiente non só limítase aos nosos fogares e cidades. Por iso, aproveita estes eventos para seguir coidando a contorna e inculcar nos demais a importancia de manter os espazos limpos e libres de residuos.

Alá onde vaias, respecta o medio que che rodea.
Voltar o listado

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia do usuario a través da sua navegación. Se continúas a navegar aceptas o seu uso. Política de cookies

Continuar navegando